Mais alá

Aínda faltaban tres anos para que o home chegara a lúa, cando uns homes de Redes saían por primeira vez de Galicia para participar no campionato de España de traiñeiras na fermosa baía de Santander. ¡Toda unha proeza para a nosa aldea!, pequeniña coma agora pero con moita máis actividade humana e mariñeira por aqueles tempos.

O periplo consistía en dúas fases e dúas naves. Unha nave era o autobús de Ramón de Ares (que en paz descanse) que tiña que transportar dezaseis motores humanos e a maiores portar unha segunda nave, a nosa traiñeira, ata ao Sardiñeiro.

Coma en todo proxecto importante xurdiron problemas técnicos, a segunda nave tivo que quedar en Redes, polo tremendo peso que tiña, ¡Era coma un piñeiro!. Ainda así, o autobús tardou 27 horas en cruzar a atmosfera asturiana.

Ler máis...
 
M... por un tubo en Almieiras

Como se pode comprobar no video, augas fecais e industriais que veñen dende o Polígono de Vilar do Colo e ás que se van sumando os distintos saneamentos dos lugares polos que pasa, saen libremente pola rebanqueira de Almieiras.

Non é que estas augas antes non acabaran na nosa ría, que si que ían a ela. O problema consiste en que o emisario submarino que disimulaba este verquido procedente do concello de Fene escachou hai algo máis dun mes porque estaba todo aturado.... e agora saen e cheiran por esta fermosa praia sin disimulo ningún.

A solución non está tanto en arranxar o emisario, que non é máis que un disimulo que evita os cheiros á xente toma os seus baños inconsciente do que sae un pouco máis alá, como en que rematen todas esas obras aquí e alá que permitirán a depuración coa EDAR.

Co da EDAR, a ver si fan o mesmo outros concellos que verten as suas augas na ría...


 
Me fui con mi negrita

Nicaragua- Xuño 1988

A un quilómetro da fronteira de Honduras facía incursións a contra nicaraguense (tropas armadas por Ronald Reagan e axudadas pola C.I.A), enfrontábanse tódolos días ós sandinistas revolucionarios que gobernaban o país.

Os concertos de armas soaban de noite con moita frecuencia, os M-16 facían de tenores, os Kalashnikov de sopranos, e os músicos dun e doutro lado eran todos irmáns. A setecentos metros deste auditorio infernal os sandinistas construíron outro, que non por estar máis lonxe da fronte deixaba de ser inferno tamén; era o Hospital de Pantasma, así se chamaba.


Ler máis...
 
Cubanos no Pedregal
Escrito por Josu   

Onte poiden tomar algo e mostrarlle o noso Pobo a parte de Mugardos, as vistas de Montefaro, etc,etc a dous amigos Cubanos.

Un que xa veu para quedar porque ten un talento especial para a informática, Iván; outro que está sinxelamente de paso no seu deambular polo mundo que lle permite o seu traballo coma escritor e fotógrafo de artigos para unha revista Mexicana, Canek, que como curiosidade xenética e persoal, ainda que non lle gusta falar moito do tema, é o neto maior do Che Guevara.

Ler máis...
 
Desvío Provisional
Escrito por Xaquin Pita   

Dende unha historia recente, os galegoas, que ben subimos ou baixamos pola Autopista do Atllantico, A6, soemos facer unha parada moi sinxela, en un lugar moi fermoso do Bierzo, a Veiga do Valcarce.

Nin preto nin lonxe da terra, ideal para estirar as pernas e comprar cereixas e embutidos. ¿Quén non se atopou alí algún amigo ou veciño, alguén coñecido da Bisbarra de Ferrol?

 

Coño!, o mundo e un pañuelo.

Non, o mundo é a Veiga do Valcarce.

Ler máis...
 
LocalizaTodo.Com
Escrito por Josu   

Localiza Todo. Com - Barcos - Avións - Etc

Un colaborador de Caamouco.net , Nicolás, comentoume hoxe a existencia de esta páxina. É moi interesante para calquera curioso.

Utilizando o sistema de Mapas de Google Maps, pode localizar onde están os barcos na ría, os avións que chegan os aeroportos, etc,etc.... probade a desplegalas pestañas, probade a pinchar sobre os barcos, probade a localizar un barco concreto, facer zooms, etc.... non vos decepcionará. En tempo real localiza os barcos que andan por ahí. Moi interesante e curiosa páxina que fará as delicias de moitos curiosos.

 
« InicioAnterior123SeguinteFinal »