Enlaces AIC



Descubre o Porto de Redes. Agrupación Instructiva Caamouco PDF Imprimir
 

O venres 22 de agosto de 2008, terá lugar unha iniciativa cando menos diferente da Agrupación Instructiva de Caamouco. Dentro das actividades orientadas á divulgación e documentación do patrimonio propio, ofrece a posibilidade a todas as persoas que o desexen, de coñecer mellor o Porto de Redes

O programa inicia ás 18.30 horas, na Tenencia, coa proxección do video "Memorias dunha vila, Porto de Redes 1912-1958".

A continuación, ás 19.30 horas, percorrido polas rúas do Porto de Redes, comentando e mostrando as singularidades desta a nosa/vosa vila.

Dende logo é unha ocasión para coñecer o noso mellor, pero sobretodo para valorar o que temos, algo que moitos veciños/as temos pendente. Tempo para decatarse de que este pequeno recuncho é do mellorciño, en canto a conxunto patrimonial, desta Galicia.