Obras en Redes na repunta do verán PDF Imprimir

 

Parece que imos ter un verán acompañado de obras, xusto cando máis actividades se realizan e cando máis xente nos visita.

Uns días antes da invasión dos de Río Castro empezaron a maniobrar no aparcamento, mermando a sua capacidade.

Logo comenzaron a levantar a Rua de Arriba, a do Medio e o Calexón que a conecta co Pedregal. Hoxe mesmo comenzaron na Rua de Abaixo, de momento pódese seguir usando o aparcamento.

O cartel fala de renovación de canalizacións, dun presuposto preto dos 300.000 euros e dun prazo de execución de un mes e medio. A ver si é certo.

Por si fora pouco,  aparecen de vez en cando os da Policía Municipal e os de Protección Civil a cortar máis os accesos, a decirche por ahí non vaias e "silencio, por favor" por conta do cura ese de Louredo.

Coincide coa repunta do verán, salváronse das obras as festas do Carmen, pero é agora cando máis cheo está Redes. Máis dun visitante preguntaba como chegar á Area Morta, non era fácil explicarllo porque a volta é das boas... salvo atallos pouco ortodoxos.

O de renovar, obrar, investir e adecentar está ben, pero as datas pódense escoller mellor.