|
Xa rematou a edición de 2008 da regata de embarcacións tradicionais "Porto de Redes", este ano especialmente adicada a memoria de Xesús Audisio Santos. De novo o impresionante "Sauntress" foi quen de levarse unha proba na que, xunto ao "Abur", solventaron o desafío que o venres tivera que ser suspendido pola falta de vento. | |  | | Detrás do barco de Redes, a dorna de Ares "Teresa" precedía unha dura loita entre moitos botes de Ribadeo, que gañaría o "Trebón" de Redes, co 4º posto diante de outro barco local, o "Masmadera", e outro Ribadeo, o "Cocodrilo". A continuación o "Canouro" de Ferrol, remontando, e así ata 34 barcos, unha importante cifra que da idea da consolidación desta proba. O triángulo de regatas, se ben foi certamente curto, permitiu unha boa visibilidade, e rematar o percorrido a case todos os barcos. | Os piratas chegaron a Redes para raptar nada menos que ao Sr. Alcalde de Ares, e montaron unha boa, en Redes na tarde do sábado non collía ninguén máis, as dúas festas xuntas desbordaron a capacidade deste noso pequeno pobo. Eso sí, dentro do desmadre, un boísimo comportamento de todo o persoal. Logo concertos e paparotas, para rematar estas festas. |
|