VI Regata, Programa Detallado e Información Xeral. PDF Imprimir

Venres 1 de agosto.

  • 17:00 Desafío Redes- Irlanda. Regata entre o Sauntress e o Abur. O resto das embarcacións acompañarán a estes navíos.
  • 22:00 Proxeccións de video.
    • 40 anos de Club Marítimo de Redes
    • Homenaxe a Xesús Audisio Santos.
    • Documental: Un mar de velas.
    • Videos e fotos de Brest 2008.

Sábado 2 de agosto.

  • 11:30 Regata remos - vela. Regata onde os participantes terán que superar un percorrido, parte a remos e parte a vela.
  • 14:00 Sardiñada popular a prezos populares.
  • 16:00 Festa da cabria. Escenificación sobre como os mariñeiros colgaban as redes nas cabrias.
  • 17:00 Gran Regata de Embarcacións Tradicionais.
  • 20:30 Entrega de agasallos aos participantes.
  • 21:30 Gran churrascada popular. Tamén a prezos populares.
  • 22:30 Concertos.
    • Os Xotas. Grupo de música tradicional da comarca de Ferrol.
    • Capitán Cavernícola Blues Band. Grupo de Blues-Rock de Avilés.

Información para os participantes

Zona de acampada gratuíta.

A sardiñada do sábado día 1 será gratis para os participantes.

As embarcacións participantes deben ter todos os requisitos legais ao día, documentación, seguro, medidas de seguridade (chalecos, fondeo, etc.)

Para inscripción e máis información: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo