Obras: Asfaltado de Curmá ó Raso
Mércores, 17 Xuño 2009

O Camiño que vai dende A Aira de Curmá ó Raso xa conta con un novo firme, xa non teremos que sufrir os macroburatos de Mazaído (foto) e as múltiples chapuzas que o degradaban.

Despóis da actuación vemos o perigoso que é andar arrimandose ás beiras, pola altura que collen e algún "burato sorpresa" preto do Raso, mais as amplas gábeas que veremos como trata o señor inverno.

De momento aí está, pero algo lles pasou, pois marcharon deixando o tramo entre A Aira e a estrada sen facer. ¿Qué pasará con ese anaco?.

ULTIMA HORA: Xa están rematando o que quedaba do Camiño Real dende Curmá ó Raso. O Concello xa executou o tramo restante e algún ramal. A calidade disque non é a mesma pero a mellora xeral é considerable.