|
Mércores, 01 Setembro 2010 |
|
Hoxe ás 17:23 será o punto exacto do cuarto minguante da lúa nascida en agosto; o que se coñece como A Minguante de Agosto, que ven a ser esa época do ano en que, seguindo a tradición, hai que recoller as herbas aromáticas (ourego, nébeda, manzanilla, herba luisa, tomillo...) que se queiran poñer a secar, porque estarán no seu mellor punto de aroma.
Tamén é a mellor época para outras cousas, como talar unha arbre da que se queira sacar a mellor madeira, posto que a circulación de savia é mínima e aminorase a posibilidade de que pasme. Pero tamén é a antesala do outono e das mareas Lagarteiras de Agosto, anque sexan en setembro, e que terán este ano o seu punto álxido o día 9, coa nova, e o día 24, coa chea. Por qué se lles chamará lagarteiras? |
|
Ler máis...
|
|
Sábado, 21 Agosto 2010 |
|
Este sinal está colocado na Avda de Gaspar Rodríguez, en Redes, á altura do forno, xusto onde hai que desviarse á dereita para acceder ó aparcadoiro. Vese que un sinal abarca tódalas prohibicións do outro, pois segundo o Regulamento Xeral de Circulación o símbolo da dereita significa:
Circulación prohibida. Prohibición de circulación de toda clase de vehículos en ámbolos dous sentidos. (ARt 152. R-100)
e o símbolo da esquerda significa: |
|
Ler máis...
|
|
Sábado, 21 Agosto 2010 |
|
P.C.C. >Ferrol
Los vecinos del polígono urbano de A Malata, en el municipio de Ares, están molestos con la situación que viven a diario con la presencia de árboles de gran porte a escasos metros de sus viviendas. |
|
Ler máis...
|
|
Luns, 09 Agosto 2010 |
|
Hora do aperitivo no Pedregal, as mesas postas coas súas cadeiras e todo.
O mar en calma chicha, dous sinais advirten aos visitantes que está prohibido circular cos coches pola praza recén estreada. Aínda así, no prazo de dez minutos aparcaron unha chea deles e os seus propietarios e acompañantes adicaronse a disfutar nas dúas terrazas do noso fermoso pobo. |
|
Ler máis...
|
|
Martes, 27 Xullo 2010 |
|
Hoxe, 27 de Xullo de 2010, no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña num. 141, sae o seguinte anuncio do Concello de Ares: |
|
Ler máis...
|
|
Domingo, 25 Xullo 2010 |
|
Sábado, 24 de Julio de 2010 P.C.C. > Ferrol
“Nunca un pueblo tan pequeño ha recibido tanto de un Gobierno de España”. Con estas palabras agradecía el alcalde de Ares, Julio Iglesias, los 2,5 millones de euros que el Ministerio de Medio Ambiente ha invertido en Redes en los últimos tres años. Si el primer millón y medio de euros sirvió para ordenar la playa de Area Morta, el millón restante dio lugar a una profunda transformación de los espacios urbanos de la villa, lo que el técnico de la Demarcación de Costas, Carlos Gil, definió como “un cambio en la filosofía del conjunto”. |
|
Ler máis...
|
|
Sábado, 24 Xullo 2010 |
|
Viernes, 23 de Julio de 2010 Redacción > Ferrol
El secretario general del Mar, el vigués Juan Carlos Martín Fragueiro, presidirá hoy viernes el acto inaugural de las obras que el Ministerio de Medio Ambiente llevó a cabo en la localidad de Redes. |
|
Ler máis...
|
|
Luns, 19 Xullo 2010 |
|
Dentro do camping O Raso, nunha carpa branca, esta unha das máis recentes iniciativas empresariais da zona: Windsurf Zona Norte (WZN).
O promotor, Andrés, foi monitor de vela no Club Marítimo de Redes durante varios anos, polo que coñece perfectamente estas augas. Esta nova empresa ofrece un conxunto de actividades moi atractivo: cursos e alugueiro de windsurf, alugueiro e excursións en kayak de mar, wakeboard, e "parking" de equipos de windsurf. Ten unha páxina web onde podedes obter toda a información: windsurf-zn.com Moita sorte!!!! |
|
Domingo, 04 Xullo 2010 |
|
P.C.C. > Ferrol. Ligazón. El Ministerio de Medio Ambiente cumplió el compromiso asumido en su día por jefe de la Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, en el sentido de dar por concluidas las obras realizadas en la cala de Río Sandeu y en la plaza de O Pedregal antes del mes de julio.
|
|
Ler máis...
|
|
Venres, 25 Xuño 2010 |
|
Neste mítico pub onde tocaban uns melenudos, os Beatles, foron convidados os membros de Bang 74 a participar nun festival con outras case 150 bandas de toda Europa.
Seguindo as novas recollidas polos colaboradores de CaamoucoNet todo comezou a través de Myspace, web pola que recomendamos que pasedes a escoitar a este grupo. Isto permitiu que os organizadores deste festival tivesen contacto coa música de Bang 74 que lles sorprendeu moi positivamente, e da web ... a Liverpool, ¿cal será a seguinte parada?
O mellor para Cristobal e os seus compañeiros!! Noraboa!! |
|
|
Mércores, 23 Xuño 2010 |
Están a punto de rematar, e en xeral queda todo moi renovado e moi bonito. Só un par de apuntamentos: Da rampa de acceso ó mar, poderíase preparar unha especie de trampolín tipo Innsbruck, tanto pola pendende como polo limo que xa está prosperando por ela, si non fose que co salto habería que librar unha boa pedra. Ten moita pendente, de marea baixa non serve de nada... e ainda por riba impide o paseo "per loca maritima". O novo local para o CMR si permite ver o mar dende o seu interior, menos mal, só hai que situarse no descansillo da primeira planta e subido a unha escada... os da NBA só con banqueta. Todo un detalle, como o acabado tradicional da cuberta acorde coa tipoloxía de Redes como pobo mariñeiro.
| 
| 
| 
| 
| 
| 
|
|
|
Mércores, 23 Xuño 2010 |
|
Parece ser que os obxectivos da "actuación na Praia de Río Sandeo" eran:
- Disminuir o impacto da estructura de formigón.
- Aumentar o espacio de aparcamento e de servizos.
- Aumentar o espacio de areal en xx metros cadrados.
Quen o diría!. Á vista está, agora hai máis do doble de formigón, a metade de aparcamento, e un espazo inserto cuasi cuadrangular que, si ben se supón que albergará "os servizos", moito nos tememos que acabe convertido nun simple acumuladeiro de porcallada. Para esta viaxe non facían falla esas alforxas.
|
|
Luns, 31 Maio 2010 |
|
Sorprendente. Esta información recóllese hoxe nunha reportaxe de "La Voz de Galicia". Ligazón La Voz Ligazón WikiCaamouco Ligazón ForoCaamouco
|
|
Xoves, 27 Maio 2010 |
|
En realidade son varias, pero unha destaca sobre o resto... e non virá sin certa polémica. |
|
Martes, 25 Maio 2010 |
|
Con esto das calores, e aproveitando a marea chea, deulles ós do barquiño por pasar polo medio das amarras e achegarse "a tomar algo" á terraza que hai no muelle. Polo que contan os que o viron a cousa de pasar polo medio das amarras non foi nada sinxelo, e sorte terán algúns si conservan cabos e boias no seu sitio.
Claro que, en vista de que hai obras, que non se pode ir ó Pedregal co bus, e que o aparcadoiro estaba a tope (medio aberto e non está preparado para os buses), pois hai que buscar unha maneira de achegarse a Redes... e velaí temos ó Patrón do "Rías Altas", convertido en "barco-bús-turístico", atopando unha solución nun alarde imaxinativo da iniciativa privada... co antecedente ese do día da Arquitectura. A ver si esto vai ser o principio dunha serie de escalas deste minicruceiro-turístico.
En fin, que xa non se sabe si hai que alabalo pola pericia ou recriminalo pola temeridade. En calquera caso, moito coidadiño. 
|
|
Mércores, 05 Maio 2010 |

|
| Este é o panorama a mes e medio de que comence o verán: unha desfeita.
En Rio Sandeo desfixeron o aparcamento, o pequeno estanque (que antes tiña patos e todo), baixada, "duchas"... O que vai quedar é algo cando menos cuestionable, posto que o espazo adicado a aparcamento é considerablemente menor, según información aparecida en prensa.
Para qué? Para ter cincuenta metros máis de praia? Para dotala praia de máis servizos?
As obras están a cargo do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, polo menos eso poñen os carteis, suponse que se trata dos os de Costas... anque disto sairon novas de Fene e Ares. Efectivamente, Caamouco chega ata o Río Sandeo, si é que non se adican a movelo de sitio, que non sería a primeira vez.
Xa veremos a que se monta no verán a conta da redución do aparcadoiro, si é que dan rematado.
| 
|
|
|
|
Mércores, 05 Maio 2010 |
|
Non está moi clara a cousa. Non se pode pasar por culpa das obras ou non se pode pasar polo medio das obras?.
Este letreiro estaba á altura do forno, e visto o que se ve despóis parece que o personal cree que se trata máis do segundo que do primeiro. Será eso?
Co faciliño que era eso de "Obras. Prohibido o paso". Cuestión de semántica.
|
|
Sábado, 01 Maio 2010 |
|
O actor Galego Tuto Vázquez Faleceu o Venres os 63 anos. Actor benquerido en Caamouco por representar o papel de Don Crisanto no Padre Casares nos 18 primeiros capítulos. Naceu en Ribeira no 1947, licenciado en arte dramática polo insituto de teatro de Barcelona, na súa vida dedicouse a múltiples actividades dende o doblaxe ata a actuación representando papeis en series de éxito como Mareas Vivas, Pratos Combinados, Padre Casares...etc.
|
|
Martes, 20 Abril 2010 |
|
Bo ritmo co bo tempo, como se pode ver no fotoblog de CaamoucoNet, o aparcadoiro case listo xa estreando, a Rúa Nova na fase de remates, e o Club tomando forma.
Redes mellora, vai quedar moi ben, podemos estar contentos.
Pero as cousas podería ir mellor, os veciños fixeron os “deberes” presentando as alegacións pertinentes, e ben plantexadas. Pero non foron adiante. Todas rexeitadas.
A rampla do club ten un importante impacto visual e unha forte pendente, o aparcadoiro-parque é precioso pero ten poucas prazas, e esperemos que o tubo que se pode ver nunha das fotos nas escaleiras de Porto Radeiro sexa disimulada un pouco.
Polo demais a pasalo ben en Redes 
|
|
Domingo, 18 Abril 2010 |

|
| Esta mañán estaba fondeado no medio da Ría de Ares o HMS Gladan, unha goleta sueca de dous paus e casco de aceiro botado en Estocolmo en 1946, onde ainda ten o seu porto base.
O seu aparello tradicional chama a atención pola sua beleza. O barco, de case 35m. de eslora de casco (39.30 en total) e 225tm de desprazamento, e xemelgo do HMS Falkan, ambos da Mariña Real Sueca. Adicase a buque escola, con capacidade para 15 tripulantes e ata 38 cadetes. Benvidos!! |
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 1 de 7 |
|
|