Novas
|
Venres, 22 Agosto 2008 15:32 |
| | Os de Ferrol xa o teñen listo, o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Ferrol, A PARROCHEIRA, terá lugar os vindeiros días 6 e 7 de setembro. (Sábado e Domingo) Polo de agora chéganos este orixinal cartel, feito cun collage (léase mezcladillo) das contribucións feitas polos alumnos de ESO do IES Ferrol Vello, nos que podemos apreciar a silueta dun coñecido barco con base no Porto de Redes. Non proporcionan máis información, suponse que se axustarán ós horarios e actividades marcadas polas 15 edicións anteriores. |
|
|
Martes, 19 Agosto 2008 21:17 |
 | | O venres 22 de agosto de 2008, terá lugar unha iniciativa cando menos diferente da Agrupación Instructiva de Caamouco. Dentro das actividades orientadas á divulgación e documentación do patrimonio propio, ofrece a posibilidade a todas as persoas que o desexen, de coñecer mellor o Porto de Redes O programa inicia ás 18.30 horas, na Tenencia, coa proxección do video "Memorias dunha vila, Porto de Redes 1912-1958". |
A continuación, ás 19.30 horas, percorrido polas rúas do Porto de Redes, comentando e mostrando as singularidades desta a nosa/vosa vila. Dende logo é unha ocasión para coñecer o noso mellor, pero sobretodo para valorar o que temos, algo que moitos veciños/as temos pendente. Tempo para decatarse de que este pequeno recuncho é do mellorciño, en canto a conxunto patrimonial, desta Galicia. |
|
|
Luns, 18 Agosto 2008 09:28 |
| | O Campionato masculino xa alcanza a sua XX edición, e terá lugar nas instalacións do Club de Tenis de Redes do 23 de agosto ó 6 de setembro (para máis información pincha no titular) |
|
|
Ler máis...
|
|
Luns, 18 Agosto 2008 09:13 |
| | Dende o día 23 de Agosto ata o 6 de Septembro no Club de Tenis de Redes celebrase XX Memorial "Deisy Paz Boulandier" de Tenis Absoluto Feminino. (para máis información pincha no titular) | |
|
Ler máis...
|
|
Luns, 18 Agosto 2008 09:12 |
|
 | | Dende o día 23 de Agosto ata o 7 de Septembro no Club de Tenis de Redes celebrase XV Torneo Pibes de Tenis Infantil e Junior. (para máis información pincha no titular) |
|
|
Ler máis...
|
|
Domingo, 17 Agosto 2008 15:20 |
|
O pasado día 9 de Agosto celebrouse a II Concentración de Embarcacións da Coruña, con duas embarcacións de Redes, e o día 16 de Agosto a II Concentración de Embarcacións Tradicionais de Ares, con 7 embarcacións de Redes. Da Coruña obtivemos estas imaxes, destacando a fermosa estampa do "Punta Pragueira", que fan boa semente acudindo a cantos certames poden. |
|
Ler máis...
|
|
Venres, 15 Agosto 2008 21:57 |
|
Hoxe 15/08/08 no xornal La Voz de Galicia, na contraportada da edición de Ferrol temos a dous redeños ilustres. O primeiro Juan Filguera, un dos nosos mellores regatistas, o outro Ernesto López, presidente da Agrupación instructiva de Caamouco. Pincha e acede ao xornal |
|
Xoves, 14 Agosto 2008 06:54 |
| | Nunca chove ó gusto de todos. Ou sí?. O verán non acompaña e nos ofrece estas choivas, regalo para algúns, castigo para outros, pero en calquer caso parte do noso clima. Hai quen se conforma e o asume como un elemento máis, e busca unha forma de acomodarse ás circunstancias. Esto é o que poidemos ver o pasado domingo 9 de agosto na punta do muelle de Redes. A grandes males... |
|
|
Luns, 11 Agosto 2008 21:52 |
|
Quinta etapa. Sanxenxo - Vigo. Os nosos voltan a situarse dentro do top ten da súa categoría, e a pesar do pequeno pinchazo quedan na xeral dentro dos 15 primeiros. Remate desta edición do Rías Baixas. Pincha no título desta nova para ver o resumo de toda a regata. |
|
Ler máis...
|
|
Martes, 05 Agosto 2008 23:22 |
| | Parece que imos ter un verán acompañado de obras, xusto cando máis actividades se realizan e cando máis xente nos visita. Uns días antes da invasión dos de Río Castro empezaron a maniobrar no aparcamento, mermando a sua capacidade. Logo comenzaron a levantar a Rua de Arriba, a do Medio e o Calexón que a conecta co Pedregal. Hoxe mesmo comenzaron na Rua de Abaixo, de momento pódese seguir usando o aparcamento. O cartel fala de renovación de canalizacións, dun presuposto preto dos 300.000 euros e dun prazo de execución de un mes e medio. A ver si é certo. Por si fora pouco, aparecen de vez en cando os da Policía Municipal e os de Protección Civil a cortar máis os accesos, a decirche por ahí non vaias e "silencio, por favor" por conta do cura ese de Louredo. Coincide coa repunta do verán, salváronse das obras as festas do Carmen, pero é agora cando máis cheo está Redes. Máis dun visitante preguntaba como chegar á Area Morta, non era fácil explicarllo porque a volta é das boas... salvo atallos pouco ortodoxos. O de renovar, obrar, investir e adecentar está ben, pero as datas pódense escoller mellor. |
|
|
|
Martes, 05 Agosto 2008 21:45 |
| | Pois como podedes ver na imaxe supoñemos polo sorriso quen é o cazador, e quen o cazado Seguro que deu para unhas boas racións!! Que aproveite!!! |
|
|
Luns, 04 Agosto 2008 16:08 |
 | | Como non se pode permitir eso de que secuestren ó Excmo. Sr. Alcalde (ou si?), e non conformes con eso de que se acheguen coa sua marea roxa, de Redes teñen pensado devolverlla ós de Río Castro o vindeiro día 23. A cousa empezará ás 18:00, requerindose para os participantes no ataque con dereito a uniforme, avituallameto e ó botín a cuota de 12€, ainda que a concurrencia e disfrute dos actos é aberta a todo o mundo. |
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 1 de 4 |
|
|