Xunta Xeral da Agrupación Instructiva de Caamouco PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Martes, 13 Maio 2008 00:00
18 de MAIO ás 11:30
O Presidente da AIC convoca á Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria para o vindeiro DOMINGO ás 11:30 en primeira convocatoria e 12:00 en segunda.

Os directivos andiveron repartindo entre os socios a convocatoria, xunto coas memorias de 2005 a 2007 e un resumo dun proxecto de obras que pretenden executar, cun presuposto de 326.654,69 euros.

A convocatoria inclue os puntos de lectura e aprobación de actas, memorias, estado de contas, situación de obras e remodelación do local social, rogos e preguntas para a Ordinaria e a presentación de candidaturas e elección de candidatos para a Xunta Directiva na Asamblea Extraordinaria.
Modificado o ( Sábado, 17 Maio 2008 10:49 )