| VII Regata de Embarcacións Tradicionais "PORTO DE REDES" |
| Mércores, 01 Xullo 2009 | ||||||
|
Xa falta pouco para voltar a ver Redes cheo de velas, de xente e de festa. Un ano máis vai a ter lugar no Mar de Redes unha das citas máis importantes no calendario anual de festexos na parroquia de Caamouco: A REGATA. Xa entre as mellores regatas tradicionais de Galicia. Un evento moi esperado por veciños e amigos aos que agardamos non defraudar nesta xa VII edición.
Pincha en leer máis para coñecer tódolos detalles ou na imaxe para ver o cartel
Unha cousa que empezou sendo unha xuntanza dunhos poucos aficionados aos "aparadores" flotantes (como denominan algúns aos barcos de madeira), foi medrando ata convertirse nunha cita indispensable de mariñeiros de distintas partes de Galicia, e tamén por aficionados ao churrasco, as sardiñas ou a música. Si tódolos anos a xente do Marítimo, directiva e colaboradores, moitos) fan un gran esforzo para que a festa se semelle o máis posible á mellor das festas posibles, este ano o esforzo vai un pouco máis alá, en tódolos aspectos. O programa vai máis ou menos como segue:
II Desafío "Redes - Irlanda", onde Paco e Martín, despois de estar preparando os barcos especialmente para este día, competirán unha vez máis, para desfacer o empate da pasada edición. Ó mesmo tempo se disputará I Desafío "Trebón - Masma" onde nos dous barcos máis igualados de Redes, Andrés e Gelote defenderán a súa pericia como patróns.
Todos estos actos requiren un gran esforzo, tanto humano como económico. Por esa razón pedimos un pequeno esforzo a todos para que nos axudedes a que esta noticia se difunda, cóntallo aos teus amigos, mandadea por mail, poñedeo na vosa web, facebook, myspace. Tamén vos podedes unir ao grupo de facebook do "maritimo de redes". |



