Axenda CMR

Setembro 2010
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1 2 3 4 5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

O Seguinte....

04.09.2010 11:00 - 05.09.2010 21:00
Parrocheira. Ferrol



Tempo Online de Caamouco.Net

Vela: La Rabuda arrasa en Ares.
Martes, 16 Xuño 2009

Ademais de dominar na súa categoría, sen rival, o barco de Redes patroneado por Antonio Díaz, fíxose co triunfo absoluto fronte a barcos, en teoría, moi superiores.

Na mesma clase que a Rabuda, quedaba terceiro outro barco de Redes: o Golafre.

Esta regata pecha unha primaveira que arrancaba co triunfo dos de Caamouco no Gran Prix de Primaveira do CN Ares, cun primeiro do Golafre, segundo do Pingón e terceiro de La Rabuda. Na regata de Primaveira do CN Sada salvaba a honra dos de Redes o barco La Rabuda, mentres o resto facían un papel "discreto". Na regata A2 do RCN Coruña as cousas foron peor, o Golafre non se presenta, e o Pingon e La Rabuda afúndense na clasificación. Menos mal que o noso mundialista Juan apareceu no Fucus (de Coruña) para facer un segundo posto. Outro experimento foi o do Golafre que fixo unha escapada á Ría de Ferrol para acadar un segundo posto.

Agora só falta que os nosos o fagan tan ben nas regatas de Alto Nivel. Moita sorte.