|
Martes, 30 Xuño 2009 |
|
Do 13 ó 18 de Xullo nos locais da Tenencia. A diario de 19:00 a 20:30, domingos de 12:00 a 14:00.
| | Da man dos profesores Bernardo Máiz e Enrique Freire chéganos esta exposición sobre as embarcacións tradicionais, nun interesante traballo recollido nun libro, merecedor do Premio Didáctico Antonio Fraguas na sua V edición. A exposición, de xeito resumido, amosanos en paneis imaxes,fotos, planos e textos froito dun longo traballo de campo e longas conversas cos vellos de cada lugar. Os paneis foron presentados o ano pasado en Ferrol, e despóis dun longo recorrido por Galicia chegan a Caamouco, coincidindo e apoiando os actos da VII Regata de Embarcacións Tradicionais "Porto de Redes" |  |
|