Xunta Xeral da Agrupación Instructiva de Caamouco
18 de MAIO ás 11:30
O Presidente da AIC convoca á Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria para o vindeiro DOMINGO ás 11:30 en primeira convocatoria e 12:00 en segunda.

Os directivos andiveron repartindo entre os socios a convocatoria, xunto coas memorias de 2005 a 2007 e un resumo dun proxecto de obras que pretenden executar, cun presuposto de 326.654,69 euros.

A convocatoria inclue os puntos de lectura e aprobación de actas, memorias, estado de contas, situación de obras e remodelación do local social, rogos e preguntas para a Ordinaria e a presentación de candidaturas e elección de candidatos para a Xunta Directiva na Asamblea Extraordinaria.
 
Festa da Botadura en Sada 17 de Maio
O Club Marítimo de Redes vai participar neste novo evento de Vela Tradicional na veciña vila de Sada e invita á participación, embarcando e por mar.

(máis detalles nas novas e nas páxinas do CMR)
 
O Cesteiro de Redes


Eiquí está unha pequena reportaxe acerca de Juan do Grelo, o Cesteiro de Redes.

Véxase coma momento estelar a comparación entre a Vista de Zurich e a vista de Centroña dende Redes. Boísima.

 

 

 

Versión 320x240 16 MB


Versión 720x576 63 MB

 

 
Estatísticas de Caamouco.net
Arrancamos o ano e no mes de marzo cambiamos o hosting de Caamouco.net. ... notouse un incremento de visitas, pero o mérito está no fotoblog.

Ver as páxinas de Estatísticas
 
Presentación da Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume

 

Na Agrupación Instructiva de Caamouco, o vindeiro Sábado 12 de abril ás 19:30

Esta Asociación foi fundada para traballar na conservación das variedades de froita autóctona da Comarca do Eume, no coñecemento e formación da xuventude nas técnicas da fruticultura e no fomento, investigación e desenvolvemento de todo o que teña relación coa mesma.

Invita a tódolos veciños a acudir á presentación deste interesante proxecto con xa unha boa repercusión.

 
Disfruta das Panorámicas

Redes Panoramica

 

 
Caamouco.net Joomla - agora con SEF

Search Engine Friendly. Iso temos :)

Outro pasiño máis para caamouco net nesta andaina do Joomla, con esta característica activada imos ter direccións máis sinxelas para linkar, o programa re-escribe esas longas direccións que tiña joomla , por unhas máis atractivas.

 Pois iso.. outro pasiño.... AINDA QUEDAN uns poucos, sobre todo polo tema de que o joomla 1.5 non funciona exactamente igual que o 1.0 e moitas das cousas que atopamos por ahí son para o antigo joomla.

Xa iremos ampliando e mellorando, o caso é arrancar agora. :D

 
Caamouco.Net ofrece contas de 1 Giga

Caamouco.Net ofrece ós seus socios contas con 1Giga de espacio. Este tipo de contas son útiles cando se lee o correo via web.

Dende este novo espazo esperamos ofrecer máis facilidades, como blogs persoais e a participación directa como redactores de contidos destas páxinas.

Si queres participar neste proxecto e facerte socio de Caamouco.Net, ponte en contacto cos administradores:

( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo )

 
Caamouco-Joomla 1.0 casi rematado!!!

Xa case está a punto esta nova versión do portal de Caamouco.net, as seccións iniciais xa funcionan, somentes faltan uns poucos axustes para deixala cunha mellor apariencia, e facer modificacións en apartados como a Web-cam para que quede completamente integrado neste novo sistema.

Vantaxes deste sistema: As mesas que a do productivo Pivot que usabamos para as Novas e algunhas webs de sociedades como o Clube Maritimo, pero , cunha vantaxe principal, este sistema está moito máis desenrolado e nos permitirá ter:

  • Control centralizado de tódolos artigos, toda a información.
  • Posibilidade de integración de módulos especiais ( Plugings ).
  • Posibilidade de crear diferentes plantillas para determinadas seccións da páxina.
  • Facilidade de loguin-uso para os editores e colaboradores.
  • E Moitas máis.
Pronto sacaremos a luz este novo aspecto,estructura, funcionamento.. para o disfrute e aproveitamento de todos os que facemos, e todos os que leen caamouco.net Cool
 
Sauntress, un superviviente de otras épocas.

Sauntress (palabra que significa "El Caminante") es el nombre de un viejo velero que haciendo honor a su nombre, en el transcurso de los años, surcó los mares del norte de Europa y ahora encontrándonos fondeados en la ensenada del Puerto de Redes, desde hace más de un año, patrón y barco recibimos la amable y sincera atención de las gentes de esta tierra gallega.

Me sugieren que cuente su historia, que me remonte a su construción y posterior restauración, a lo cual no puedo negarme como reconocimiento a las personas que aquí han contribuido de distintas formas a hacer de este sitio mí hogar.

Martin O'Scannall,el marino irlandés que está dando vida al Sauntress