Xoves 26 Xuño 2008 at 4:21 pm
|
Seguindo coa iniciativa de VELA PARA TODOS o Club Marítimo de Redes organiza un curso de iniciación á vela no mes de xullo.
Para máis información pincha na imaxe.
|
Venres 09 Maio 2008 at 4:05 pm
Polo que podemos ver estes días co "feismo" de Portos de Galicia parece que cambiamos o muelle de Redes por un deses super-portos tan de moda nas nosas costas. Primeiro un cartel, deixando ben claro que estamos no Porto de Redes, por si non o estaba. Logo outro, prohibindo
o paso a toda persoa allea ás actividades portuarias, que ademáis remata cun berro de
Atención a Sinalización.
Agora chegamos ás pinturiñas, e temos o chan marcado cunhas rechamantes bandas amarelas que como se pode ver non teñen moito éxito.
Como pouco éxito tivo este outro carteliño que rematou ben preto da papeleira, non sei poda que os Srs. de Portos de Galicia collan a mensaxe, e teñan un pouco máis de respeto polo lugar, polo entorno, e polas xentes de Redes.
Venres 09 Maio 2008 at 04:12 am
Outro ano máis, e xa van sendo moitos, o Servizo de Deportes do Concello de Ares convoca "por terra mar e aire" o Programa de Actividades na Natureza para os meses de maio e xuño de 2008, en colaboración co Concello de Mugardos.
Este ano as actividades son:
- Canoa na Ría de Mugardos (24 de maio).
- Rotas a cabalo polo Belelle (25 de maio).
- Canoa na Ría de Ares (31 de maio).
- Rota en bicicleta de montaña Entre Dúas Rías (1 de xuño).
- Rotas a cabalo polo Belelle (1 de xuño).
- Rota de sendeirismo Mugardos - Ares (15 de xuño).
Máis información sobre prezos, horarios e inscricións no Concello de Ares (981448057), ou na
web do concello.
Unha oferta variada para desfrutar desta primaveira. ¡¡¡Non quedes na casa!!!
Xoves 08 Maio 2008 at 3:13 pm
O vindeiro sábado 17 de maio, o Club Marítimo de Redes participará en Sada na Festa da Botadura, con motivo de dar a benvida a unha nova embarcación nesta ría. Aínda non se sabe exactamente cantas embarcacións do club participarán no evento, pero é moi posible que queden prazas libres para os que queiran asistir (socios gratis, non socios 10 €).
(máis)
Xoves 08 Maio 2008 at 01:10 am

(máis)
Luns 05 Maio 2008 at 4:53 pm
Primeiro foron os do Club de Tenis de Redes, situados á beira do regato, ao sur da pista 1. Cambiandolle lixeiramente a cara ao Club.
Agora tócalles aos que se sitúan próximos ao novo aparcadoiro.
Parece que a retirada destas "xigantes" está sendo complicada, e lenta dadas as dimensións das árbores, e o difícil aceso ás mesmas (dende o que está tomada esta imaxe). Xa que contra do que podería pensarse os madeiristas non chegan polo aparcadoiro, senón que baixan por mazaido, a seara, e a zona do camiño da rega.
Ainda quedan algúns, pero a diferencia no aparcadoiro xa é notable.
Domingo 27 Abril 2008 at 04:35 am
|
O sábado 26 de abril celebrouseo XIII Encontro de Palilleiras de Ferrolterra en Fene. Según fontes da organización o evento contou coa participación de 800 palilleiras, e como non podía ser menos, o grupo de Caamouco fixo a sua contribución, con oito participantes.
Este grupo de mulleres segue a cultivar esta aficción/tradición nun curso que se leva a cabo por semán na Agrupación Instructiva de Caamouco.
Referencia na prensa.
|
Xoves 24 Abril 2008 at 4:24 pm
Para a maioría de nós é Lorenzo, e pronto o teremos paseando por Redes, desfrutando das praias, de Caamouco, un máis entre nós.
Para todo aquel que sabe algo de dereito, especialmente de dereito administrativo, unha referencia fundamental.
Pero as súas aportacións van máis alá e se estenden a moitos ámbitos, ente eles a docencia.
Estes días está de noraboa, no seu Aragón natal recoñecen unha impresionante traxectoria pública e profesional, cun importante galardón: a
Medalla das Cortes de Aragón.
Dende aquí enviarlle as nosas felicitacións.
Xoves 10 Abril 2008 at 3:30 pm
|
O Tío Mini, que tanto quere o seu bote Pajarito, iniciou a construcción dunha réplica de nova construcción pero ó vello estilo, escollendo a madeira, sacando as formas, buscando as puntas de cobre. En fin, que quere respetar o deseño orixinal, as formas, os pesos, para ter algo novo pero de sabor antigo, sen presas.
Pero ademáis decideu compartir con todos a sua aventura, e para eso abriu unha páxina web na que ir contando o que vai pasando mentres pasa. Damos a benvida a Bote de Pao, que esperamos ver algún día en Redes tal como disfrutamos da beleza do seu avó, o Pajarito.

|
Mércores 09 Abril 2008 at 5:19 pm
No programa "Proa a popa" da TVG do pasado domingo 6 de abril de 2008, saiu o barco de Redes Mariñan II con Manuel, e o seu fillo Alejandro, Picallo.
A nova páxina da galega, www.agalega.info, permítenos ter aceso á reportaxe.
A tedes
AQUI