O vindeiro sábado 17 de maio, o Club Marítimo de Redes participará en Sada na Festa da Botadura, con motivo de dar a benvida a unha nova embarcación nesta ría. Aínda non se sabe exactamente cantas embarcacións do club participarán no evento, pero é moi posible que queden prazas libres para os que queiran asistir (socios gratis, non socios 10 €).
(máis)
|
O Tío Mini, que tanto quere o seu bote Pajarito, iniciou a construcción dunha réplica de nova construcción pero ó vello estilo, escollendo a madeira, sacando as formas, buscando as puntas de cobre. En fin, que quere respetar o deseño orixinal, as formas, os pesos, para ter algo novo pero de sabor antigo, sen presas.
Pero ademáis decideu compartir con todos a sua aventura, e para eso abriu unha páxina web na que ir contando o que vai pasando mentres pasa. Damos a benvida a Bote de Pao, que esperamos ver algún día en Redes tal como disfrutamos da beleza do seu avó, o Pajarito.

|
No programa "Proa a popa" da TVG do pasado domingo 6 de abril de 2008, saiu o barco de Redes Marińan II con Manuel, e o seu fillo Alejandro, Picallo.
A nova páxina da galega, www.agalega.info, permítenos ter aceso á reportaxe.
A tedes
AQUI
Xa están aquí os Callos&Blues...
(máis)
A Asociación Galega de Kaiak de Mar realizou o pasado sábado 23 de febreiro un curso de reciclaxe de kaiak de mar.
(máis)
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
DOMINGO 2 DE MARZO DE 2008
(máis)
Memoria de actividades levadas a cabo polo Club Marítimo de Redes durante o ano 2007.
(máis)
O Club Marítimo de Redes quere expresar o seu pésame polo falecemento de Jesús Audisio Santos.
(máis)
ClassicBoat é unha revista británica, como o seu nome indica, de embarcacións clásicas, cunha especial adicación ás propulsadas a vela. Esta revista é un referente mundial no tocante a este tipo de embarcacións, e como tal se distribúe por todo o globo.
É unha publicación moi coidada, imaxes e textos de calidade, feita con cariño por xente que sabe de mar.
ClassicBoat
Na edición de febreiro temos un barco coñecido para todos nós: o
Sauntress, que xa leva uns anos tendo a Redes como porto base. Que o Sauntress e Martin son especiais o sabíamos moitos, que poderían salir no ClassicBoat era posible, pero que sexa portada desta publicación ... iso xa é o máximo, ainda que a foto do noso veciño Oscar algo tivo que facer niso ... porque que ninguén se equivoque, eiqui non temos marcas de barcos, de velas, de motores, ou de roupa, ... que poñan cartos para que isto salga de portada, non, o criterio é outro. Noraboa a Martin, a Luis, a Paco, a Oscar, teñen que estar todos orgullosos das cousas ben feitas.
Tomade nota aprendices!
Terá lugar os días 14 e 15 de xullo. Con travesía Redes Bastiagueiro e Kaiak-Surf no Pedrido.
(máis)
Xa se están a preparar as embarcacións tradicionais de Redes para lucir ben bonitas nas singladuras nas que participa o Clube Marítimo de Redes. A celebración do VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que terá lugar do 5 ó 8 de Xullo na Ría de Ferrol permite que todas as embarcacións de Redes poidan participar neste gran evento.
(información ampliada con fotos)
(máis)
Marítimo De Redes
Presentación.
Datos de contacto
O Club
A finais dos anos sesenta ...
Vela Tradicional
A día de hoxe constitúe unha das actividades principais do club...
Vela de Cruceiro
O club apoia diversas tripulacións nas competicións de vela crucero en regatas locais e rexionais, acadando bos resultados nas mesmas.
Kaiak de mar
Máis orientada ao ocio e moi acesible esta seción funciona de xeito estable dende o 2003.
Remo
Actividade inicial do club, e principal durante unha grande parte da súa existencia.
Xunta Directiva
Actualmente somos os que somos, ainda que queremos ser máis.
En Terra
Tamén facemos cousas en terra. Como o Festival Callos&Blues e o Rockaamouco.
Un Pouco de Historia
Fotografías antigas da construcción da actual sede do Club...
Foro marińeiro
Aquí podes poñer todo o que queiras relacionado co mundo mariño.
Un comentario