Xoves 24 Abril 2008 at 4:24 pm
Para a maioría de nós é Lorenzo, e pronto o teremos paseando por Redes, desfrutando das praias, de Caamouco, un máis entre nós.
Para todo aquel que sabe algo de dereito, especialmente de dereito administrativo, unha referencia fundamental.
Pero as súas aportacións van máis alá e se estenden a moitos ámbitos, ente eles a docencia.
Estes días está de noraboa, no seu Aragón natal recoñecen unha impresionante traxectoria pública e profesional, cun importante galardón: a
Medalla das Cortes de Aragón.
Dende aquí enviarlle as nosas felicitacións.
Mércores 09 Abril 2008 at 5:19 pm
No programa "Proa a popa" da TVG do pasado domingo 6 de abril de 2008, saiu o barco de Redes Mariñan II con Manuel, e o seu fillo Alejandro, Picallo.
A nova páxina da galega, www.agalega.info, permítenos ter aceso á reportaxe.
A tedes
AQUI
Mércores 09 Abril 2008 at 12:06 pm
Na Agrupación Instructiva de Caamouco, o vindeiro Sábado 12 de abril ás 19:30
Esta Asociación
foi fundada para traballar na conservación das variedades
de froita autóctona da Comarca do Eume, no coñecemento e
formación da xuventude nas técnicas da fruticultura e no
fomento, investigación e desenvolvemento de todo o que
teña relación coa mesma.
Invita a tódolos veciños a acudir á
presentación deste interesante proxecto con xa unha boa
repercusión.