Domingo 27 Xaneiro 2008 at 2:32 pm
ClassicBoat é unha revista británica, como o seu nome indica, de embarcacións clásicas, cunha especial adicación ás propulsadas a vela. Esta revista é un referente mundial no tocante a este tipo de embarcacións, e como tal se distribúe por todo o globo.
É unha publicación moi coidada, imaxes e textos de calidade, feita con cariño por xente que sabe de mar.
ClassicBoat
Na edición de febreiro temos un barco coñecido para todos nós: o
Sauntress, que xa leva uns anos tendo a Redes como porto base. Que o Sauntress e Martin son especiais o sabíamos moitos, que poderían salir no ClassicBoat era posible, pero que sexa portada desta publicación ... iso xa é o máximo, ainda que a foto do noso veciño Oscar algo tivo que facer niso ... porque que ninguén se equivoque, eiqui non temos marcas de barcos, de velas, de motores, ou de roupa, ... que poñan cartos para que isto salga de portada, non, o criterio é outro. Noraboa a Martin, a Luis, a Paco, a Oscar, teñen que estar todos orgullosos das cousas ben feitas.
Tomade nota aprendices!
Domingo 27 Xaneiro 2008 at 12:07 pm
A parte "secular" das celebracións de San Vicente neste ano 2008 tivo lugar o pasado sábado.
Á cea da Confraternidade de Caamouco asistiron 31 persoas, que degustaron un estupendo menú no Club de Tenis. A conversa estivo animada ata ben entrado o domingo, nun bó ambiente de coveciñanza e conversación. Aparte das fotografías de Caamouco.net, que estén atentos os comensais porque andivo por alí o fotógrafo do Diario de Ferrol, e con esas cousas xa se sabe o que pasa logo.
Do Baile na Agrupación Instructiva, animado cos "Zares", e coma sempre, comenzo frouxo e final moi concurrido.
Sábado 26 Xaneiro 2008 at 08:00 am
O Padre Casares xa ten súa Propia web.
Onde podemos atopar información acerca da serie, dos persoaxes, capítulos ,etc..
Podedes visitála páxina www.padrecasares.com
Ou tamén podedes visitála páxina na TVG con información sobre a serie
Martes 08 Xaneiro 2008 at 9:40 pm
Dende hai uns días está en exposición no Concello de Ares o proxecto "Actuación Integral na Fachada Marítima de Redes", un par de grosos volumes de documentación que pode ser consultada e que para axuda á interpretación e resumo os técnicos do Concello prestan unha valiosa axuda.
Para maios información ós veciños e escoitar as suxerencias que queiran facer, o Concello, co seu Alcalde á fronte, ten convocada unha reunión o vindeiro sábado día 12 ás 20:30 nos locais da Agrupación Instructiva na Tenencia.
Trátase dunha inversión de 1.3 millóns de euros e que afecta ó aparcadoiro, a praza do Pedregal, a Rúa Nova, ó acceso ó Castillo e mais ós locais do Club Marítimo de Redes. Hai actuacións que se levan falado dende hai tempo... e tamén algunha sorpresa.