Calendario

« Outubro 2008
L M M X V S D
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Caamouco.Net

Inicio
Novas
Situación
Historia
Sociedades
Navegantes
Disfruta
Mapa do Web
Contactar
Guía de Servizos
Ligazóns
Webcam

Colaboran

Agrupación Instructiva
Club Marítimo de Redes
Club de Tenis de Redes
Camping El Raso

Usuarios

Foro
Fotoblog
Correo Web

Históricos

01 Feb - 28 Feb 2008
01 Xan - 31 Xan 2008
01 Dec - 31 Dec 2007
01 Nov - 30 Nov 2007
01 Out - 31 Out 2007
01 Set - 30 Set 2007
01 Xull - 31 Xull 2007
01 Xun - 30 Xun 2007
01 Mai - 31 Mai 2007
01 Abr - 30 Abr 2007
01 Mar - 31 Mar 2007
01 Feb - 28 Feb 2007
01 Dec - 31 Dec 2006
01 Nov - 30 Nov 2006
01 Out - 31 Out 2006
01 Set - 30 Set 2006
01 Ago - 31 Ago 2006

Foron Novas (pdf)

¡Buscar!

Últimos Comentarios

diego (Adeus a árbore da…): Esta xente está tola.Unha…
Pedro Do. Vilar (Problemas coa aug…): Na actualidade a forma xu…
Anonimo (Problemas coa aug…): Efectivamente, privada, e…
Josu (Promocións urbaní…): Bárbaro Manel posteando n…
Josu (Agasallo da Natur…): Van a escapar segundo vex…
Josu (Obras de paviment…): Si esto é un acabado prov…
Manel (Obras de paviment…): Moi boas, isto é feismo i…

Cousas

Powered by Pivot - 1.40.1: 'Dreadwind' 
XML: RSS Feed 
XML: Atom Feed 

A festa dos arquitectos

Martes 23 Outubro 2007 at 3:39 pm O sábado día 20 de outubro, nun día espectacular e pouco propio destas datas, a Delegación de A Coruña do COAG celebrou en Redes, e non con Redes, o Día Mundial da Arquitectura. Esta foi unha das principais críticas da xente do pobo, a falta dunha invitación pública dos responsables do COAG aos veciños de Redes, algo tan sinxelo como pegar un carteliño nos bares e na tenda, poida que fose polo “descoñecemento do medio e as súas costumes”. Aínda así, un dos animadores do evento: Paco Pestana, convidou aos poucos veciños que se achegaron polo lugar.


Do mellor e máis salientable, por enriba do desembarco en lancha (na que os asistentes chegaron procedentes do Lorbé), case mellor que o grupo cubano, e superando os riquísimos “mojitos” foi o discurso deste Sr. Pestana ... ENRÉDATE!!!!!! Que gustou máis aos locais que aos arquitectos presentes e no que se lles pedía que non caesen en tentacións e que axudasen a conservar sitios como este, pero todo cun estilo, e dende unha tribuna ... únicos!

Os de Redes fixeron unha pequena mostra do que eran os traballos nas cabrias, non nas da Area Morta que non se poden ver dende o Pedregal, e unha vez rematado a pequena festa os do pobo quedamos e os ilustres foron para a Casa da Cubana, perdón Casa Amalia, na que unha morea de “jaimas” máis parecían un poboado do deserto do Sáhara, a por un xantar que seguramente estivo moi ben.

Xa volta a calma.

Festa dos arquitectos o día 20 de outubro en Redes

Martes 16 Outubro 2007 at 11:26 pm Pois, como se pode ver nas imaxes, as cabrias están postas e aguantan, desta vez polo traballo dos profesionais dunha empresa que pon os postes da Telefónica. E o aliñamento é bastante máis lóxico que o anterior.

Así, todo vai quedando listo para que este sábado os arquitectos fagan unha festa para celebrar o ben conservado que está Redes, grazas a que eles interviñeron pouco ou nada no pobo...

En fin, habería que falar do “outro” Redes, o do abandono, como o das obras da praia da Area Morta, rematadas hai ben pouco, como o de moitas casas; do Redes dos altos prezos que fan que moitos veciños novos teñan que plantexar a súa vida fóra do pobo, provoca o envellecemento da poboación, así coma o peche da escola por falta de nenos; do feísmo que grazas ás administracións segue sendo unha ameaza; e o Redes das casas pechadas 11 meses ao ano...

Mentres todo isto cae sobre Redes, son os poucos veciños que viven no pobo os que manteñen as rúas limpas, coidando a parte que teñen próxima a súa casa, son os veciños os que coidan con esforzo e sen axudas as súas casas, e aínda así moitos deles nin sequera saben que viven nun sitio especial. Por certo que sería moi “instrutivo” dedicarse, ademais de a recuperar a memoria histórica, a aprender ao persoal acerca do rico patrimonio do que aínda gozamos e que deberíamos manter para que os que veñan non teñan que adicarse a recuperar a memoria histórica do que foi este Redes que aínda temos. (máis)

Adeus a árbore da Praza de Curmá

Xoves 11 Outubro 2007 at 1:56 pm O salgueiro de Curmá "chorou" por última vez estes días. Operarios do Concello cortaron e retiraron a árbore en dous días.



Segundo parece non faltaban razóns, pero ao pasar por este sitio parece que "falta algo".

Cabrias na area morta

Luns 08 Outubro 2007 at 01:00 am

 

A festa que os do COAG (Colexio de Arquitectos) están preparando en Redes, co premio xa citado nas Novas de Caamouco, enche a Area Morta de cabrias. Alomenos o intenta, ainda que foron afortunados aqueles e aquelas que as poideron ver de pé.

Xa que, ademáis de non conservar o esquema e a disposición tradicional, estas novas cabrias só duraron unhas horas en pé.

 

Segundo parece realizarán outro intento.

De tódolos xeitos, e segundo testemuñas recollidas por caamouconet, os veciños e veciñas de Redes esperan que esta volta das cabrias a Redes sexa só temporal, xa que ocupan totalmente o areal do pobo.

Outra cousa sería unha soa, preto do alboio, como a que se pode ver na actualidade posta para a festa da cabria, que permita lembrar tempos pasados.

Redes recoñecido polos arquitectos no día mundial da aequitectura

Luns 01 Outubro 2007 at 11:19 am

Segundo os principais diarios de Galicia, os colexios de Ferrol e A Coruña, elixen Redes como exemplo de arquitectura sostible. Os arquitectos resaltan o "esforzo mantido polos veciños para preservar os seus valores urbanos e paisaxísticos, facendo fronte ás fortes presións urbanísticas que tanto degradaron as nosas costas".

(máis)