Asfaltado Curmá - A Tenencia
Xoves 21 Xuño 2007 at 3:17 pm|
Estes días procedeuse ao asfaltado do camiño entre Curmá e o cruce de A Tenencia. No tramo que vai ao lado do Club de Tenis o ancho case duplica o anterior, como se pode ver na imaxe. Nesta parte, ademais, canalizouse o río. Esperaremos a ver como funciona no inverno, ainda que as choivas destes días ben fixeron de proba. Segundo parece os traballos xa remataron, é unha mágoa que non se aproveitara para reparar outros como os que se amosan na nova anterior. |