Mércores 16 Maio 2007 at 01:35 am
Venres 18 de Maio de 2007 ás 21:00 horas.
Na Agrupación
Instructiva de Caamouco organizan unha serie de actos para este
día, que se celebrarán nos locais da Tenencia e que
inclúen:
♦ Proxección dun
vídeo sobre María
Mariño Carou.
♦ TEATRO.
Representación da obra "Casado
de día, solteiro de noite", a cargo do grupo Teruca Bouza, da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega
e dirixida por Manuel Basoa.
♦ Tradicional Queimada, acompañada con bola azucarada, e amenizada con
Música Galega a cargo do Grupo
de Gaita da Agrupación Instructiva de Caamouco.
Venres 04 Maio 2007 at 12:41 pm
O pasado 3 de maio dous colaboradores de caamoucoNet tiveron unha
reunión cos responsables provinciais da Direción Xeral de Patrimonio
(Consellería de Cultura da Xunta de Galicia): a Delegada Provincial da
Consellería de Cultura, Dona Milagros Lantes Seara, e o Jefe da
Comisión Territorial de Patrimonio, Don Cesáreo Sánchez Iglesias. Dende
o primeiro momento todo foron falicidades, e a reunión acordouse nun
prazo moi reducido.
Neste encontro falouse de todo: do asfaltado das rúas
de Redes, do estado e a proteción do nucleo histórico, dos proxectos
futuros etc..., Patrimonio ten pouco marxe de manobra, pero este é o
único organismo que pode garantir que en Redes non se estrague, ainda
que sempre coa colaboración do Concello de Ares.
(máis)