Palilleiras
Domingo 29 Abril 2007 at 12:00 am|
Hoxe celebrouse a XII Xuntanza de Palilleiras de Ferrolterra, con unha nutrida representación de mulleres do grupo da Agrupación Instructiva de Caamouco que foron á Xuntanza xunto con outras da Asociación de Amas de Casa de Ares, coa que comparten actividade coas ensinanzas de Clara. A asistencia foi numerosa, tanto de palilleiras e de expositores como de visitantes. Alí estiveron compartindo tempo, curioseando diseños vidos de outras zonas e amosando o seu traballo. Esta afición, que se desenvolve en Caamouco dende hai varios anos, cumpre cos obxetivos de ser un mecanismo de relación social, fomenta actividades de expresión artística e contribúe á propagación desta fermosa tradición. Noraboa á organización e noraboa ás participantes. |
|
